De cara o inicio do próximo curso, e que as actividades poidan iniciar en setembro (co inicio do cole o 08/09/25), iremos informando no detalle desta nova dos prazos de inscrición, condicións e actividades para o próximo curso.
REUNIÓN INFORMATIVA:
O día 12/06/25 as 16:00 terá lugar, no comedor do centro, unha reunión para informar os titores sobre as extraescolares deste curso e atender as dúbidas que puideran xurdir. Esta reunión está aberta a tódolos titores do alumnado do noso centro, que estiveran interesados en inscribir a algún fill@ nas actividades. Dentro do posible, pregamos se asista sin nen@s.
IMPORTANTE: Recordamos que, para poder inscribirse nas actividades, a familia deberá ser socia desta ANPA ou ter abonado a matrícula que da acceso os servizos xestionados.
DATAS INSCRICIÓN nas actividades - EMPRESAS PRIVADAS:
Será do 21/06/25 ao 06/07/25, soamente para as empresas privadas (Activa, Baile Galego, Club Hockey Línea Noroeste, EnxeñoLabs, FamilyCorner, Galicia Rollers, SerOcio, Ximnasio Fibra, 100Tolos).
As empresas privadas comezarán as actividades o primeiro día de clase en setembro (o 8/07/25) e se desenvolverán ata o último día do curso 25/26.
As actividades que non acaden neste prazo de xuño/xullo o número mínimo de alumn@s necesario NON terán lugar o próximo curso. A partir de setembro (de cara a incorporarse en outubro ou meses posteriores), soamente se ofrecerán as actividades que comezaran en setembro (ademáis das da Federación de ANPAs).
DATAS INSCRICIÓN nas actividades - FEDERACIÓN DE ANPAs:
Deberedes ter en conta que a Federación de ANPAs ten unha xestión a parte, e as actividades non comezarán ata outubro, por iso se ofrecerá Cóxegas en setembro (e soamente neste mes).
Recordade que as familias deben rexistrarse na appweb, se non o fixeron antes, para ter un perfil propio onde poderán realizar as inscripcións dos escolares, en base os calendarios de cada centro escolar.
Tanto Cóxegas como o Programa Lecer, en cada unha das actividades ofertadas, soamente comezarán respectivamente en setembro e outubro de acadarse o mínimo de inscritos exixidos pola Federación de ANPAs.
Máis información na web da Federación (Cicerón - Xestión de ANPAs) ou nos documentos axuntos a esta nova.
PROGRAMA CÓXEGAS:
- Prazo de inscrición: Dende o 15/07/25 e ata o 2 de setembro ás 12:00h do mediodía.
- Abono de cota: no momento da inscrición a través do formulario. Si non se formase grupo devolveráse a cota.
- Prazo de realización: do 8 ao 30 de setembro.
PROGRAMA LECER: Programa Deporte no centro e Arte e cultura no centro.
- Prazo de inscrición: Dende o 15/07/25 e ata o 14 de setembro ás 23:59h.
- Abono de cota: son trimestrais, e o importe está aínda por determinar.
- Prazo de realización: 1 de outubro do 2025 ao 19 de xuño de 2026
- Baixas trimestrais: Do 1 ao 15 de decembro para as baixas do segundo trimestre (xaneiro a marzo) e do 1 ao 15 de marzo para notificación das baixas do terceiro trimestre (abril a xuño). No caso de non producirse a comunicación a renovación será automática.
- PROGRAMA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES SOAMENTE FEDERACIÓN: AQUÍ
INSCRICIÓN E CONTACTO DAS EMPRESAS
Cada empresa ten unhas condicións de inscrición, revisade ben a empresa de cada unha das actividades que vos interesen. Máis abaixo están os horarios, e posteriormente tarifas e condicións de cada empresa.
- FEDERACIÓN DE ANPAs:
- SEROCIO: --> Soamente acadaron mínimos Fútbol e Baile Moderno.
- CLUB HOCKEY LÍNEA NOROESTE: --> Actividade non acadou mínimos.
- GALICIA ROLLERS:
- XIMNASIO FIBRA:
- BAILE GALEGO E PANDEIRETA:
- ACTIVA: --> Soamente acadaron mínimos Lettering e Ballet.
- FAMILY CORNER:
- ENXEÑOLABS: --> Actividade non acadou mínimos.
- 100Tolos: --> Actividade non acadou mínimos.
CALENDARIO PROVISIONAL DE OFERTA DE ACTIVIDADES PARA A INSCRICIÓN DE XUÑO/XULLO:
As actividades indicadas a continuación (e identificadas pola empresa que as levará a cabo) son as que se ofertan para a súa inscrición en Xuño/Xullo.
23/07/2025: Rematado o prazo de inscrición, ACADARON MÍNIMO DE INSCRITOS (e por tanto comezarán o 08/09/2025) as actividades de: PATINAXE - Tódolos grupos (G.Rollers), BAILE MODERNO (SerOcio), INGLÉS - Tódolos grupos (Family Corner), BALLET (Activa), LETTERING (Activa), JUDO - Tódolos grupos (G.Fibra), FÚTBOL (SerOcio), BAILE GALEGO E PANDEIRETA (José Luis). O cadro será actualizado unha vez se confirmen as actividades de Federación de ANPAs (pechadas as inscricións en setembro).
As actividades ofertadas pola Federación de ANPAs (inscrición iniciada en Xullo), quedan pendentes de confirmación de inicio en outubro, de cara o peche de prazos.

TARIFAS E CONDICIÓNS DAS ACTIVIDADES
O seguinte cadro recolle o resumo de tarifas, alumnado mínimo/máximo, e outros aspectos a destacar de cada unha das empresas colaboradoras.
15/06/25: Correción de erratas na táboa.
21/06/25: Corrección erratas nas tarifas de SerOcio.
16/07/25: Publicada a información de Federación de ANPAs, está pendente actualizar a táboa seguinte. Mentres tanto, a información relevante é a seguinte:
- CÓXEGAS: 25€ por participante (so setembro). Desconto do 50% nos beneficiarios da beca comedor. Pago obligatorio seguro accidentes: 5€
- ACTIVIDADES RESTO CURSO: 21€ por participante e trimestre. Desconto do 50% nos beneficiarios da beca comedor. Pago obligatorio seguro accidentes: 5€ (pago so no primeiro trimestre de asistencia, e senón se abonou en cóxegas).
