110 2026ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img

Curso 2026-2027: Actividades Extraescolares

Información relativa as actividades extraescolares ofertadas para o curso 2026-2027

A continuación se indican as condicións das actividades extraescolares ofertadas de cara o curso 2026/2027:

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

  • A información indicada a continuación fai referencia a oferta inicial para o curso 2026/2027, o calendario definitivo de extraescolares depende de que se acade o número mínimo de inscritos necesarios para levalas a cabo. En caso de non acadar o mínimo de inscritos establecido por cada unha das empresas, unha ou varias actividades poderán ser eliminadas da oferta. Por este motivo, e MOI IMPORTANTE que fagades as inscricións en prazo, dado que polo contrario podería non manterse a oferta actual.
  • Nota a 02/07/26: Recordamos que, igual que se aplican criterios mínimos de inscrición, se aplica un máximo variable segundo a actividade e condicións das empresas e o espazo que temos dispoñible no centro. Este máximo tamén aplica as actividades da Federación de ANPAs, polo que a inscrición non asegura a praza, esta deberá ser confirmada pola empresa correspondente.
  • Nota a 07/07/26: No caso de acadarse o máximo de inscritos, salvo indicación contraria da empresa, aplicarase como criterio a orde de entrada das inscricións. En concreto, no caso da Federación de ANPAs, esta condición está incorporada nas instrucións para este curso.
  • A ANPA Monte do Muiño xestiona e coordina as empresas que levan a cabo as actividades extraescolares no noso centro, serán as empresas as que vos confirmen a alta da actividade ou a sua cancelación (no caso de non acadarse o mínimo de inscritos).
  • A oferta se divide en:
    • Empresas e autónomos dedicados o desenvolvemento de actividades: Activa, Galicia Rollers, Ximnasio Fibra, Jose Luis Vázquez Rosales, Family Corner, C.D. Calasanz e Club Ciclista Coruñés.
    • Federación de ANPAs: a Federación ofrece un programa de actividades en cooperación co Concello da Coruña, as que temos acceso por ser unha ANPA federada. Neste caso, en setembro se leva a cabo o programa Cóxegas, e en outubro comezarían as actividades especificas (de ahí a existencia de dous prazos para este caso).
  • Aqueles alumn@s con condicións particulares como alerxias, intolerancias, necesidades especiais, minusvalías, etc., que poidan interferir no desenvolvemento da actividade, deberán informar a empresa da actividade por escrito da súa casuística. Cada unha das empresas evaluará a viabilidade da inscrición en función das necesidades particulares de cada caso.
  • Cada unha das empresas debe ser informada dos autorizados a recollida dos alumn@s.
  • Nin esta ANPA nin o CEIP poden facilitar información de contacto, de autorizados, nin ningunha outra información confidencial as empresas. Por tanto, son responsables os titores de informar as empresas das condicións particulares de cada caso, e estas deben custodiar de forma segura a información facilitada.
  • PRAZOS DE INSCRICIÓN: OLLO! Hai diferentes prazos para Federación de ANPAs
    • INICIO SETEMBRO 2026:
      • Empresas e autónomos: Para comezar a facer uso do servizo en setembro, o prazo de inscrición é do 1 de xullo de 2026 ata o 22 de xullo de 2026 *Non se aceptarán inscricións fora de prazo.
      • Federación de ANPAs - Programa Cóxegas: 
        • Prazo inscrición: Do 1 de xullo ao 2 de setembro ás 12:00 h do mediodía. 
        • Enlace de formulario de inscrición (icono correspondiente): https://app.fedapascoruna.org/login
        • Publicación dos grupos que saen: 3 de setembro. Enviarase correo ás familias e ANPAS
        • Pago da cota: no momento da inscripción a través do formulario. Se non se forma grupo devolveríase a cota aboada. 
        • Realización: Do 9 ao 30 de setembro de 2026
    • INICIO OUTUBRO 2026 - Só de Federación de ANPAs - Programas LECER (Deporte no centro, Arte e Cultura e Idiomas):
      • Prazos inscrición: Do 1 de xullo ao 14 de setembro do 2026 ás 12:00h. ás 23:59 h.
      • Enlace do formulario de inscrición (icono correspondiente): https://app.fedapascoruna.org/login
      • Realización: Do 1 octubre do 2026 ao 19 de xuño de 2027
      • Baixas mensuais: Comunicación da baixa antes do 20 de cada mes para que sexa efectiva ao mes seguinte. 
    • RESTO DO CURSO: soamente se poderán completar inscricións en actividades que acadaran o mínimo de inscritos no mes de xullo (e sempre que non acadaran o máximo de alumn@s admitidos). As datas límite para modificacións, altas e baixa variarán dependendo da empresa que oferte a actividade, e serán efectivas a partir do día 1 do mes seguinte.
  • Condicións de acceso os servizos:
    • Os socios da ANPA NON teñen que abonar a matrícula de acceso os servizos, pero SI deberán indicar o número de socio no rexistro e estar o corrente de pago da cota (30€ anuais) do curso 2026/2027. De non atoparse o corrente do pago, a solicitude de inscrición nos servizos será rexeitada. Condicións de Renovacións/Altas socios curso 2026/2027: aquí
    • As familias que non desexen ser socias, deberán contactar coa ANPA no email "info@anpamontedomuino.es", onde recibirán instrucións para o pago da matrícula (100€ anuais).
    • O incumprimento das indicacións ou do regulamento poderá supoñer o rexeitamento na inscrición ou baixa nos servizos.
  • Axunto a esta nova tedes a información resumida das actividades e condicións das diferentes empresas. Da Federación de ANPAs tedes os programas completos de actividades, tede en conta só as que figuran na oferta do noso centro (que non son a totalidade das existentes).
  • A información de entradas/saídas se publicará de cara o mes de setembro.

OFERTA ACTIVIDADES:

DENDE OUTUBRO 2026 E ATA XUÑO 2026

30/09/2026: Podedes consultar a oferta completa de actividades aquí: HORARIO COMPLETO OUT26-XUÑO27

SOAMENTE SETEMBRO:

Unha vez pechado o prazo de inscrición das empresas privadas: Ver horario completo aquí (pendente peche do prazo da Federación de ANPAs)

08/09/2026: Queda actualizado o horario completo coa incorporación de ABRACADABRA de Federación de ANPAs.

17/09/2026: Actualizase o horario completo, coa incorporación dun novo grupo de PATINAXE (Galicia Rollers) de 5 a 6. O grupo se abre a alumnado de 5ºEI (non admitido no grupo das 4) e alumnado do Manuel Murguía.

18/09/2026: CORRECCIÓN ERRATA. O novo grupo de PATINAXE (Galicia Rollers) de 5 a 6 e soamente os mércores.

ENTRADAS E SAÍDAS DAS ACTIVIDADES EXTRAEXCOLARES

As entradas e saídas varían entre aquelas que teñen lugar no mes de setembro e de outubro en diante.

1) ENTRADAS/SAÍDAS DENDE OUTUBRO 2026 E ATA XUÑO 2027: A seguinte táboa recolle as indicacións para as entradas e saídas da OFERTA COMPLETA DE EXTRAESCOLARES de OUTUBRO A XUÑO (con comezo o día 01/10/2026 e fin o 21/06/2027).

2) ENTRADAS/SAÍDAS SOAMENTE PARA SETEMBRO 2026: A seguinte táboa recolle as indicacións para as entradas e saídas das extraescolares ofertadas no mes de setembro (con comezo o día 09/09/2026 e fin o 30/09/2026).

NORMAS PARA ENTRADAS/SAÍDAS:

  • ENTRADA:
    • O alumnad@ que asiste a comedor, pasa directamente as 4 a actividade extraescolar que lle corresponde.
    • O resto do alumnad@ debe respetar a táboa de entradas/saídas de extraescolares, e estar 5min antes do inicio da actividade na entrada correspondente.
    • Os monitores do comedor NON se farán responsables do coidado do alumnado que non fagan uso do servizo de comedor e asista a actividades extraescolares. Por tanto, o alumnado que acceda as actividades dende fora deberá esperar acompañado do titor ou adulto responsable ata a presenza do monitor da actividade correspondente, e non acceder o centro con anterioridade (pola entrada que corresponda). Alumn@s e monitores deberán estar no centro 5/10min antes do comezo das actividades.
    • O alumnado de Ciclismo, accederá as 17h ao patio cuberto pola marxe ou lateral dereito da pista, mentres que no lateral esquerdo estará organizandose a saída de Prepatinaxe I e II.
  • SAÍDA: Debe respetarse a táboa de entradas e saídas de extraescolares. 
    • Soamente se entregarán os alumn@s as persoas debidamente autorizadas ante as empresas que se encargan de impartir cada unha das actividades extraescolares, e ditas persoas deberán acudir identificadas co seu DNI. A ANPA non xestiona listados de autorizados, as empresas deberán ter notificado por escrito as persoas responsables da recollida do alumnado.
    • As actividades con saída pola porta principal, soamente en caso de choiva os titores poderán baixar as escaleiras e recoller ao alumnado na porta previa a conserxería. En ningún caso se accederá nin a conserxería nin o hall do centro.
    • Judo Kids e Baile Moderno: A saída será na porta do ximnasio, polo que os titores deberán acercarse a porta e se irán chamando @s nen@s para a súa saída. Nunca se accederá ao ximnasio e se deberá agardar a que o portalón estea completamente aberto para acceder (dado que en caso contrario se bloquea a apertura).
    • Judo Junior: A saída seguirá sendo pola porta principal.
  • Patinaxe - Galicia Rollers e Prepatinaxe I e II - Federación de ANPAs: Os nais/pais/titores daqueles alumnos que non teñan autonomía para poñer/quitar os patíns, poderán acceder a pista polideportiva unicamente para este fin. Poderán acceder 10 min antes do comezo da actividade, sempre que os monitores da actividade se atopen presentes, e deberán esperar a finalización da actividade para acceder na saída. Non poderá permanecer ningún titor no centro unha vez iniciada a actividade, e estes deberán volver a saír pola porta do pavillón, estando prohibido atravesar o centro para a saída.
  • O alumnado de Prepatinaxe I e II, para a retirada de patíns, deberá situarse exclusivamente na marxe ou lateral esquerdo da pista cuberta. Dado que na marxe dereita estará dando entrada, a mesma hora, o alumnado da actividade de Ciclismo. Pregamos se respecten as indicacións para facilitar a supervisión e seguridade do alumnado de ambas actividades.
  • Recordamos que:
    • Está prohibido acceder as instalacións do CEIPP Novo Mesoiro con animais.
    • NON se pode acceder as instalacións do cole, salvo autorización expresa da conserxe ou os casos contemplados anteriormente.

ENLACES INSCRICIÓN E CONTACTOS POR EMPRESAS:

  • FEDERACIÓN DE ANPAs: 
    • Aplicación de xestión/consulta: Cicerón - Xestión de ANPAs
    • Contacto: 981 202 002 - 981 201 877
    • Actividades empresa: 
      • Setembro: Cóxegas
      • Dende outubro: Eureka, Prepatinaxe 1 e 2, Deseño de Seu, Ritmo, Ximnasia Rítmica, Pre-Xadrez e Xadrez, Xogos Tradicionais 1 e 2, English Lab (só infantil), Escape Room e Abracadabra.
    • Data límite altas e baixas: día 20 de cada mes, con efecto o día 1 do mes seguinte (tanto para altas como para baixas).
  • CD CALASANZ: 
    • Inscrición aquí: Inscrición Fútbol - APP Cluber
    • Contacto:  691 41 52 91
    • Actividades empresa: Fútbol
    • Data límite altas e baixas: día 22 de cada mes, con efecto o día 1 do mes seguinte (tanto para altas como para baixas).
  • GALICIA ROLLERS: 
  • XIMNASIO FIBRA: 
    • Inscrición aquí: Formulario Judo
    • Contacto: gimnasiofibra79@gmail.com
    • Actividades empresa: Judo
    • Data límite altas e baixas: día 25 de cada mes, con efecto o día 1 do mes seguinte (tanto para altas como para baixas).
  • BAILE GALEGO E PANDEIRETA:
  • ACTIVA:
    • Indicacións en díptico axunto. Resumen:
      1. Rexistro en Web ACTIVA - Rexistro
      2. Inscribir alumno no colexio: ANPA CEIP NOVO MESOIRO
      3. Agardar correo de Activa (ata recepción non continuar co paso 4º)
      4. Inscrición na actividade Web ACTIVA - Inscrición
    • Contacto: galicia@activa.org
    • Actividades empresa: Lettering, Ballet, Baile Moderno, Teatro e Deseño&Moda --> 28/07/26: Non acadaron mínimo de inscrición as actividades tachadas.
    • Data límite altas e baixas: día 20 de cada mes, con efecto o día 1 do mes seguinte (tanto para altas como para baixas).
  • FAMILY CORNER:
    • Inscrición aquí: Formulario Inglés - Family Corner
    • Contacto: 699938584
    • Actividades empresa: Inglés (a partir de 6ºEI)
    • Data límite altas e baixas: día 20 de cada mes, con efecto o día 1 do mes seguinte (tanto para altas como para baixas).
  • CLUB CICLISTA CORUÑÉS:
    • Inscrición aquí: Inscrición Ciclismo
    • Contacto: 681 94 04 88
    • Actividades empresa: Ciclismo
    • Data límite altas e baixas: día 20 de cada mes, con efecto o día 1 do mes seguinte (tanto para altas como para baixas).