INSTRUCIÓNS E NORMAS DOS SERVIZOS
Instrucións para o uso dos servizos durante o curso escolar (servizos: madrugadores, cambiacueiros e comedor)
A continuación indicamos as pautas, normas ou instrucións a seguir para o correto funcionamento dos servizos, xestionados pola ANPA Monte do Muiño.
Recordade que o REGULAMENTO DE SERVIZOS e de obrigado cumplimento por todalas partes.
MADRUGADORES:
- Entrada pola porta principal entre as 7:30 e as 8:45. Se deberá timbrar e un monitor acudirá a porta para recibir o alumn@.
- Hora límite de entrada para o almorzo: as 8:15, a partir de dita hora non se darán almorzos.
- MENÚ: Jardanay enviará o menú correspondente os almorzos.
CAMBIACUEIROS:
Deberá entregarse a caixa coa muda o antes posible, en outro caso non se poderá prestar o servizo. Haberá dous métodos a recollida da caixa:
- Alumnado de madrugadores: entregará a caixa os monitores de Jardanay a entrada a este servizo.
- Resto de alumnado: entregará a caixa en conserxería, ou si asiste a comedor poderá entregara tamén en dito servizo os monitores.
E MOI IMPORTANTE QUE se cumpran as seguintes normas para o servizo:
- A caixa debe estar identificada co nome do alumn@
- RECOMENDACIÓN: para facilitar a almacenaxe, dentro do posible, solicitase que a caixa proporcionada sexa o seguinte modelo de IKEA: Caixa SAMLA, con tapa, transparente, de 28x20x14 cm (5 litros).
- A muda debe constar de: muda exterior cómoda (chándal, mallas ou similar), roupa interior e calcetíns, calzado e toalliñas húmidas. Toda a roupa debe estar marcada co nome do neno/a.
- Ante a ausencia de muda limpa no centro, non se poderá prestar el servizo.
- O servizo de cambiacueiros NON inclue o horario de actividades extraescolares, nese caso se deberá acudir o centro a cambiar ao alumn@.
COMEDOR:
- Lavado de dentes: Os alumn@s poderán traer o neceser de aseo dende o primeiro día do cole, o lavado de dentes será opcional. Deberá ser un estoxo (pequeno) con peche de cremalleira, que quedará en depósito no comedor e será enviado a casa cada venres para a sua revisión e LIMPIEZA. O estucho conterá: cepillo de dentes, toalla pequena e pasta de dentes.
- SAÍDAS: Se mantén o procedemento aplicado o curso pasado, de modo que se realizará entre as 15:30 e as 16:00, da seguiente forma:
- INFANTIL: sairá pola porta do Ximnasio.
- PRIMARIA: sairá polo patio cuberto (pista polideportiva).
- Irmá/n/s Infantil + Primaria: No caso de que algún dos irmás/ns sexa de infantil, sairán todos pola porta de Infantil. No caso de que o/s alumn@/s de infantil quede/n a extraescolares e non o/s seu/s irmá/n/s, estes sairán pola súa saída correspondente de primaria.
- Soamente se entregarán os alumn@s as persoas debidamente autorizadas ante Jardanay, e ditas persoas deberán acudir identificadas co seu DNI/NIE. Soamente se aceptarán autorizados que consten na lista entregada a Jardanay mediante o formulario da súa web.
- MENÚ: Jardanay enviará o menú correspondente a comedor, e se encontrará dispoñible na súa plataforma así como na nova relativa os servizos do curso en vigor (enlaces ao final desta nova). Ademáis o alumnado o ten dispoñible para a súa consulta no propio comedor.
- MENÚ PICNIC (Excursións): No caso da realización de excursións en horario escolar, que coincidan co horario do servizo, a empresa ofrecerá un Picnic os alumnos usuarios. Este Picnic o enviará Jardanay ao centro, antes da saída da excursión, para tódolos usuarios fixos e sen necesidade de que o soliciten. O alumnado esporádico que desexe picnic, si deberá solicitalo a Jardanay a través da coordinación no centro o menos 2 días antes. O Picnic habitualmente está composto por un bocadillo (de tamaño variable en función da idade), dúas pezas de froita, auga e servilleta. Se ofrece alternativa para o alumnado con dietas específicas.
- USUARIOS CON BECA COMEDOR: Recordamos que o concello de A Coruña exixe a asistencia o servizo de comedor dende o primeiro día da escola (a excepción do periodo de adaptación de infantil). Revisade as condicións da beca, porque existen un límite de ausencias sen causa xustificada (e o seu incumprimento podería conlevar a retirada da beca).
PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS SERVIZOS
- Curso 2025/2026: PENDENTE DA NOVA RELACIONADA
- Curso 2024/2025: AQUÍ