112 2026ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
10/02/2026 Publicado por: ANPA AMPA 28 Visto

MANIFESTACIÓN EN A CORUÑA - SÁBADO 28 DE FEBREIRO AS 11H

POR UN ENSINO PÚBLICO DIGNO E DE CALIDADE

O 28 de Febreiro votámonos a rúa para defender e reclamar que se poña solución ao abandono total da ensinanza pública en Galicia. Unidos defenderemos o máis importante que temos, o futuro dos nosos fill@s!

A SITUACIÓN NON É NOVA.
A escola pública leva anos acumulando carencias mentres as administracións responden con parches tardíos e insuficientes.

QUE ESTÁ A PASAR?

  • Aulas masificadas con ratios excesivas.
  • Profesorado sobrecargado e sen recursos suficientes.
  • Falta de especialistas e persoal de apoio e coidados.
  • Atención insuficiente ao alumnado con NEE e NEAE.
  • Instalacións avellentadas e perigosas.
  • Problemas de limpeza e salubridade.
  • Graves carencias de accesibilidade nos centros.

NO URBANO E NO RURAL. EN TODOS LADOS.

ESIXIMOS:

  • Planificación real e eficacia administrativa.
  • Recursos humanos suficientes.
  • Orzamento digno e estable.
  • Planificación real a medio e longo prazo.
  • Criterios claros, públicos e obxectivos de intervención.

MOBILIZÁMONOS PORQUE:

  • As ratios legais non garanten atención educativa nin inclusión real.
  • Os recursos humanos son insuficientes e inestables.
  • O alumnado con NEE e NEAE non recibe apoios suficientes.
  • O mantemento depende da urxencia, non da planificación.
  • Familias e profesorado están asumindo responsabilidades que corresponden ás administracións.

ONDE E CANDO:

Sábado 28 de Febreiro, saída as 11h da Praza de Ourense. A manifestación dirixirase cara O Obelisco, onde se porá fin ao acto.

Promovese que durante a manifestación os participantes se caractericen con accesorios de temática superheroe: capa, antifaz, etc.

NON PEDIMOS PRIVILEXIOS. ESIXIMOS DEREITOS.
A EDUCACIÓN PÚBLICA É FUTURO.

VÉMONOS NA RÚA.
Defendamos a escola pública.

XUNTA DIRECTIVA ANPA MONTE DO MUIÑO (CEIPP NOVO MESOIRO)

Federación Provincial de Centros Públicos de A Coruña