Non deberedes confundir este fondo co "Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar", que pon en marcha a Xunta de Galicia anualmente, e que xestiona o CEIPP Novo Mesoiro, no noso caso. Neste as familias, dependendo o ciclo e outros, poderían ser beneficiarias de cheques para axuda o pago de material e/ou libros, ou poder facer uso dos libros do fondo que ten o noso cole. A información deste fondo a tedes nesta nova do cole: FONDO SOLIDARIO LIBROS E AXUDA A MATERIAL | CEIP Novo Mesoiro
Para a xente NON BENEFICIARIA do fondo de libros anterior (é dicir, que non lles concedan o uso dos libros de texto para 3º a 6º de primaria) a ANPA pon en marcha o seu propio fondo de libros gratuito, grazás as doazóns das familias que usaron os libros de texto en cursos pasados.
ASIGNACIÓN DE LIBROS CONCEDIDOS EN PRÉSTAMO PARA O CURSO 2025/2026
O día 18/07/2025 foron notificados por email TÓDOLOS solicitantes do fondo. Se non recibiches un email de rexeitamento da solicitude ou confirmación, contacta con nos por email.
Gustaríamos comentar o seguinte sobre a asignación deste ano:
- A demanda superou calquera das nosas expectativas.
- Recibimos moitas solicitudes con erros: solicitantes que xa tiñan os 6 libros do fondo da Xunta concedidos, que tiñan parcialmente concedidos os libros e solicitaban igualmente os 6, que non indicaban correctamente os datos solicitados, etc. PREGAMOS teñades en conta que detrás da xestión estamos persoas, e que estes erros dificultan enormemente a xestión do fondo.
- Tratouse de aplicar un reparto o máis equitativo posible de exemplares, pero en 6ºEP, aínda así, foi preciso realizar sorteo.
- Tódalas solicitudes aceptadas (soamente foron rexeitadas as que xa dispoñían dos 6 libros do fondo da Xunta) recibiron a asignación dalgún libro dos solicitados. A notificación do libro asignado fíxose por email.
O reparto de libros se fará a máis tardar nos primeiros días do curso 2025/2026, no local da ANPA sito no CEIP Novo Mesoiro. Informaremos da data e hora, en canto poidamos proceder a entrega.
SOLICITUDE DO FONDO DE LIBROS DA ANPA PARA O CURSO 2025/2026
CRITERIOS DE ACCESO E PRIORIDADE NAS SOLICITUDES
Animamos a calquera familia que (necesitando os libros) non cumpra os criterios indicados a continuación, a que nos achegue o seu caso para poder valoralo. Recordamos que soamente haberá dispoñibilidade de libros entre 3º e 6º de Primaria.
- Poderá beneficiarse o alumnado do CEIPP Novo Mesoiro no curso 2025/2026. A solicitude está aberta a todo o alumnado do CEIP, sexa ou non socio desta ANPA.
- Ter solicitada a Axuda de Libros (concedida ou denegada) para o curso 2025/2026. Referente o procedemento ED330B: PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA
ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
- O alumnado o que se lle concenderán 4 libros na Axuda deste curso, poderá optar os dous adicionais. NOTA: Tede en conta que o fondo non aplica a libros de exercicios (workbook, música...).
- Asignaráse un número a cada solicitude recibida, por estrito orde de chegada da petición. O número asignado será comunicado por email ao solicitante (en base a información recollida na solicitude).
- No caso de que se reciban máis solicitudes que libros dispoñibles na oferta, darase prioridade os socios da ANPA. Se aínda así fora preciso, faráse un sorteo para a adxudicación (soamente coas solicitudes necesarias) en base a este número asignado na recepción da solicitude.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE, ADXUDICACIÓN E ENTREGA OS BENEFICIARIOS
- O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 07/07/2025 e o 13/07/2025.
- Deberá cubrirse o formulario indicado a continuación, con tódolos datos solicitados. FORMULARIO SOLICITUDE AQUÍ
- So no caso de que fora preciso (de recibir máis solicitudes que libros dispoñibles): Terán preferencia na asignación os socios desta ANPA, e en igualdade de condicións realizaráse sorteo para a adxudicación dos libros, en base ao número asignado coa presentación da solicitude por email.
- Adxudicación:
- Unha vez pechado o prazo de solicitude, procederemos a revisar os datos e realizar o reparto de exemplares segundo os criterios indicados.
- Comunicarase, ao email indicado no formulario de solicitude como contacto, a concesión ou non dos libros que corresponda. Previsiblemente a comunicación se fará a partir do día 15/07/25, e antes do 20/07/25.
- Neste email indicarase o lugar e data para a recollida dos libros. PENDENTE DETERMINAR DATA: En principio nos primeiros días de setembro, aínda que é posible que ofrezamos algún día de xullo en horario de maña para a entrega.
- O titor solicitante deberá confirmar a aceptación dos libros do fondo en resposta o email recibido, en 48h horas dende o envío do email.
- No caso de quedar libros adxudicados no que o titor non confirmase a aceptación ou que finalmente non foran recollidos, notificarase en resposta ao mesmo email a retirada da asignación e otorgaranse o seguinte na lista de petición (se existira).
- No caso de existir libros sobrantes, a súa asignación podería realizarse (de acordo coa directiva do CEIPP Novo Mesoiro) ao longo do curso, ou quedar en depósito para o curso seguinte.
LIBROS DISPOÑIBLES PARA O CURSO 2025/2026
03/07/2025: A disponibilidade de libros de cara o vindeiro curso 2025/2026 é a que se reflexa a continuación:

RECOLLIDA DE LIBROS PRESTADOS O CURSO 2024/2025 (REMATADO)
Os alumn@s que dispoñan de libros prestados poderán deixalos na aula o último día de clase (20 de xuño), o centro nos fará chegar os libros devoltos. Noutro caso, se deberá acordar unha cita coa ANPA para a devolución destes, preferiblemente antes do 30 de xuño (dado que os libros pasarán a formar parte do fondo ofertado o vindeiro curso).
Podedes contactar con nos enviando un email a info@anpamontedomuino.es, co asunto "Fondo de libros: devolución 24/25".
RECOLLIDA DE DOAZÓNS DE LIBROS PARA OFERTAR DE CARA O CURSO 2025/2026 (REMATADO)
Todas aquelas familias que teñan libros de 3º a 6º de primaria do curso actual 2024/2025 e desexen doalos, soamente terán que:
- Enviar un email a info@anpamontedomuino.es cos datos do alumn@ e o curso, co asunto "Fondo de libros: doazón". Precisamos ter o listado de alumnos que donarán os libros como límite o día 19/06, para avisar ao centro.
- O último día de clase (20 de xuño), os libros quedarán na aula e recollerémolos alí, para incorporalos ao fondo de libros.
Animámosvos a colaborar, para que pouco a pouco tódalas familias poidan ter o recurso dos libros de balde.