EXHIBICIÓNS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2024-2025
Calendario de exhibicións finais das actividades extraescolares do curso 2024-2025
Boas Familias!
Chegando o remate deste curso 2024/2025, indicamos a continuacións a información relativa as exhibicións das actividades extraescolares.
Nestas xornadas especiais os vosos nen@s e as empresas responsables mostrarán o traballado realizado nas actividades durante o curso.
Rógase non asistan máis de 2 persoas por cada alumn@ (algunh@ actividade limita a asistencia a un único adult@ por nen@, pregamos se respecte), e que revisedes ben os horarios e entradas que corresponden a xornada/exhibición de cada actividade.
A continuación indicámosvos as datas, horarios e o modo de proceder para entrar ao colexio á exhibición de cada unha das actividades.
Serocio:
- Fútbol: campeonato o venres 30/05 de 16:00 a 17:30, celebrado nas instalacións do noso cole e na que participarán nen@s doutros centros da Coruña. Os titores entrarán as 16:00 pola porta da pista cuberta, xunto cos nen@s ao inicio da actividade.
- Baile moderno: exhibición o mércores 18/06 as 16:30. Os titores entrarán dende as 16:25 pola porta do ximnasio, e alí se celebrará a exhibición.
- Cociña: clase de cociña o venres 06/06 no horario habitual da actividade. Os titores entrarán dende as 16:00 pola porta principal do colexio e se desprazarán ata o comedor. Soamente poderá acceder un titor por alum@, e realizarán unha receita.
Ximnasio Fibra
- Judo: Non haberá exhibición presencial no colexio. A exhibición se realizará formando parte do 37º Torneo Miguelito o domingo 01/06 no Coliseum da Coruña, da cal xa informaron dende Ximnasio Fibra que lles fará entrega os nen@s da acreditación para acceder ao evento.
Galicia Rollers:
- Patinaxe: Exhibición o mércores 11/06 as 16:30. Os titores entrarán dende as 16:25 pola porta da pista cuberta.
Baile galego e pandeireta (Jose Luis):
- Exhibición o venres 13/06 as 16:30. Os titores entrarán dende as 16:25 pola porta principal do colexio e se desprazarán ata o ximnasio.
Activa
- Ballet: Exhibición o xoves 17/06 as 16:30. Os titores entrarán dende as 16:25 pola porta principal do colexio e se desprazarán ata usos múltiples.
IMPORTANTE (06/06/25): Modificase a data da exhibición.
Family Corner:
- Non haberá exhibición presencial no colexio.
Federación de ANPAs: Tódalas exhibicións serán a partir do 4 de xuño, o final do horario da actividade. Para cada actividade se especificará o día concreto da semana no que poderán acceder os titores.
- Ximnasia Rítmica: Exhibición o mércores 18/06 as 16:30. Os titores entrarán dende as 16:25 pola porta principal do colexio e se desprazarán ata usos múltiples.
- Xogos e Movemento: Exhibición o mércores 04/06 as 16:30. Os titores entrarán dende as 16:25 pola porta principal do colexio e se desprazarán ata a pista exterior.
- Manitas: Exhibición o mércores 04/06 as 16:30. Os titores entrarán dende as 16:25 pola porta principal do colexio e se desprazarán ata o comedor.
- Deseño de seu: Exhibición o mércores 04/06 as 16:30. Os titores entrarán dende as 16:25 pola porta principal do colexio e se desprazarán ata o comedor.
- Prepatinaxe I e II: Exhibición o martes 10/06 as 16:30. Os titores entrarán dende as 16:25 pola porta da pista cuberta, onde se realizará a actividade.
NOTA (23/05/25): A actividade de prepatinaxe tiña mal a data, o cadro e o detalle están corrixidos.
IMPORTANTE (26/05/25): Modificaronse as datas das exhibicións de Patinaxe (GR), Baile Moderno e Ximnasia Rítmica.
CALENDARIO RESUMEN DAS EXHIBICIÓNS
