254 2025ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
27/03/2025 Publicado por: ANPA Otros 156 Visto

Convocatoria BOLSAS COMEDOR MUNICIPAIS curso 2025-2026

Información da convocatoria Bolsas Comedor Municipais para o vindeiro curso

O Concello da Coruña publicou o 17 de marzo de 2025, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2025/2026.

  • Prazo de presentación: do 18 de marzo ao 4 de abril de 2025, ambos incluídos.
  • Toda a información da convocatoria pódese consultar:
    • Na web municipal de servizos sociais: Web Municipal
    • Na sede electrónica municipal: Sede Municipal
    • No teléfono 010 de información cidadán
  • Requisitos: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá:
    • Dispoñer de DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido (NIF) antes da finalización do prazo de corrección.
    • Estar empadroado/a no Concello da Coruña
    • Matricula ou solicitude de matrícula nun centro educativo do termo municipal da Coruña.
    • Realizar as xestións para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas na modalidade presencial.
    • Asistencia continuada de luns a venres durante todo o período lectivo, de setembro 2025 a xuño 2026.
  • Rexistro solicitude: telemáticamente ou de forma presencial (detallado nos enlaces indicados anteriormente).

COMENTARIOS DA ANPA: Recordamos os seguintes aspectos que nos parecen importantes en canto a solicitude e disfrute das bolsas comedor:

  • As bolsas comedor non se fan cargo da cota de socio da ANPA nin da matricula de acceso os servizos, o usuario deberá encargarse e responsabilizarse de cumprir cos requisitos de acceso a cada comedor escolar (habitualmente xestionados polas ANPAs dos centros).
  • Tal e como indican os requisitos, non poderán ter bolsa comedor os usuarios esporádicos do servizo (o requisito e asistir todolos días lectivos).
  • As faltas de asistencia o servizo deberán ser xustificadas ante o Concello (existe un límite de faltas non xustificadas, o seu incumprimento conlevará a retirada da bolsa por parte do Concello).
  • O periodo de solicitude de praza no comedor, no caso do CEIPP Novo Mesoiro, previsiblemente se abrirá durante o mes de Agosto 2025 (como ven sendo habitual os últimos anos).
  • Para a asistencia o servizo no CEIPP Novo Mesoiro, é de obrigado cumprimento o regulamento dos servizos. Dispoñible aquí.