O pasado 11 de Novembro a ANPA Monte do Muiño, en reunión con titores do centro e co apoio da dirección e orientación, levou a cabo unha reunión informativa sobre a situación actual do noso CEIPP en relación os recursos dispoñibles este curso, principalmente de cara ao alumnado con necesidades específicas.
Na reunión foi exposta a situación:
- Sufrimos a merma de profesorado especialista A.L (Audición e Linguaxe). e P.T. (Patoloxía Terapéutica) con respecto a cursos anteriores. A situación actual fai imposible atender a todo o alumnado con necesidades, polo que o Departamento de Orientación tivo que priorizar a atención os casos máis graves, deixando sen atención específica a moitos nenos con necesidades (tanto dentro coma fora das aulas). O número de nenos sen atención irá en aumento xa neste curso 2024/2025, dado que aínda están pendentes de avaliación varios alumnos. Este curso, temos unha dedicación de 92h/semanais de especialistas, que supoñen unha merma de 33h/semanais (do 26.4%).
- Sufrimos as consecuencias da redución horaria do profesorado, que non foi cuberta coa incorporación de novos mestres, e afecta directamente o apoio nas aulas. O apoio nas aulas permitía ata o momento sobrelevar e apoiar certas situacións de necesidade, que non tiñan xa horas suficientes de atención específica ou directamente carecían delas. Falamos dunha merma de xornada de 64h/semanais, que equivalen a ternos retirado case 3 mestres.
A día de hoxe, a suma destes dous aspectos ligado ademais a un reparto de profesorado antigo e non adaptado os tempos que corren (que non ten en conta o volume de nenos con necesidades en cada centro escolar) e a xa escasa dotación de coidadores, están a facer que a situación nas nosas aulas seña insostible. O alumnado non ten cubertas as súas necesidades académicas, está moi irascible, aumenta a conflitividade nas aulas, e un largo etcétera de consecuencias.
Tal e como se acordou na reunión, esta ANPA promoverá e presentará reclamación por rexistro ante os responsables da xestión: consellería de educación, xefatura territorial e inspeción educativa.
Con este fin, e para que o poidades ler detidamente, poñemos a vosa disposición (aquí) o escrito que teremos dispoñible para a súa firma.
Recadaremos firmas o:
- Venres 29/11/2024: As saídas do cole (aprox as 2) e de comedor (aprox entre 3:30-4) nas entradas do CEIP, e estaremos no local da ANPA (nas instalacións do CEIPP Novo Mesoiro) de 4 a 5:30.
- Luns 02/12/2024: A saída do cole (aprox as 2) nas entradas do CEIP.
- Martes 03/12/2024: A saída de extraescolares, se o tempo o permite, aprox entre as 4:45 e as 5:15 entre as entradas superiores do cole.
- Mércores 04/12/2024: A entrada do cole, se o tempo o permite, aprox entre as 8:50 e as 9:20 entre as entradas superiores do cole. Saída do medio día, aprox dende 13:45 na saída de primaria.
- A FOLLA DE FIRMAS ESTÁ EN HORARIO ESCOLAR EN CONSERXERÍA, PODEDES ACERCARVOS A FIRMAR ALÍ. PREGAMOS NON INTERFERIR NAS HORAS PUNTA DE ENTRADAS E SAÍDAS (non ir antes das 9:15, no ir entre as 13:45 e as 16h, no ir entre as 16:45 e as 17:15 e o centro queda pechado as 18h)
- FIN DA RECOLLIDA DE FIRMAS O VENRES 13/12/2024. Estaremos no local da ANPA de 4 a 5, e dende ese momento pecharemos a recollida de sinaturas.
A RECLAMACIÓN DESTA ANPA, EN REPRESENTACIÓN DE TODOS OS SEUS SOCIOS, E APOIADA POLAS FIRMAS DE CASE 400 DE VOS (titores, nais, pais, profesorado, etc.) FOI PRESENTADA O 17/12/2024 POR REXISTRO ELECTRÓNICO NA SEDE DA XUNTA DE GALICIA.
SOLICITAMOS A INCORPORACIÓN O CEIPP NOVO MESOIRO DE:
- 2 profesionais especialistas P.T.
- 1 profesional especialista A.L.
- 3 mestres de primaria, para cubrir a redución horaria dos mestres do centro.
- 1 coidador
Ademais da necesidade de que se revisen os criterios de dotación de profesorado os centros.
PRECISAMOS A VOSA COLABORACIÓN! Nais, pais, titores, docentes,...calquera membro da nosa comunidade escolar e necesaria e benvida para unirse a esta reclamación.
UNETE A LOITA POR UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA DIGNA E DE CALIDADE PARA TODOS!