Na presente nova, a ANPA Monte do Muiño, irá informando sobre a situación da subvención de comedor do curso 2023/2024.
Recordamos os usuarios que, a citada subvención e publicada no DOG tras o remate do curso o que se corresponda. Por tanto, a súa solicitude e, no seu caso, concesión serán no ano seguinte o que corresponde a subvención. Debe entenderse que é lóxico, dado que para a solicitude e preciso contar con datos económicos de custo, asistentes, etc., do total do curso escolar.
Se eres nai/pai/titor de alumnado que foi usuario do servizo de comedor no CEIPP Novo Mesoiro durante o curso 2023/2024, estate atento a actualización da seguinte información por se puidera ser do teu interés.
1. PUBLICACIÓN DA SUBVENCIÓN NO DOG:
O pasado 09/09/2024 foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG):
ORDE do 2 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2023/24 (código de procedemento ED601A).
Esta ANPA está a traballar xa sobre o procedemento ED601A, para presentalo antes da data límite (o 09/10/2024).
2. PRESENTACIÓN DO PROCEDEMENTO ED601A: Responsabilidade da ANPA. Xa foi presentada a solicitude no mes de outubro, quedando esta pendente de resolución.
3. CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN: Este mes de xaneiro 2025, recibimos notificación de que nos foi concedida a axuda destinada ao cofinanciamento do servizo de comedor.
Rematado o mes de xaneiro, a Xunta de Galicia xa realizou o ingreso na conta bancaria desta asociación, que procederá a iniciar os trámites para facer os cálculos e o reparto da subvención entre os usuarios do curso 2023/2024 (periodo correspondente a subvención). As condicións de reparto da axuda están recollidas no regulamento dos servizos (dispoñible no apartado de documentación desta web).
Aquelas familias beneficiarias dalgún importe por esta axuda, serán notificadas vía email no momento en que esta ANPA proceda o reparto de cheques. Informaremos máis detalladamente das datas e condicións do reparto cando sea posible realizalo.
4. REPARTO DE CHEQUES AOS USUARIOS DO COMEDOR 2023/2024:
Unha vez recibido o importe da axuda concecido na conta da asociación, revisados os listados de usuarios do servizo no curso escolar 2023-2024 e realizados os cálculos de importes correspondentes a cada beneficiario, esta ANPA procederá o reparto de cheques desta convocatoria nas siguientes condicións:
- Cumprirase o establecido e aprobado no regulamento de servizos: comedor, madrugadores e cambiacueiros. Revisade con atención as condicións de reparto e entrega de cheques, tedes o regulamento no apartado de Documentos ANPA.
- Avisarase por correo electrónico os beneficiarios (a partir do 23/07/2025 e nos días sucesivos) , indicando o importe correspondente en cada caso. Se no tes recibido o e-mail e crees que te corresponde algún importe polo uso e pago dos servizos no curso 23/24, non dubides en contactar con nos.
- Programaranse 3 entregas de cheques para o reparto de dita subvención. Sendo:
PRIMEIRA ENTREGA:
DATA: 29/07/2025
HORARIO: 17:00 - 19:30
LUGAR: CENTRO CÍVICO Novo Mesoiro
SEGUNDA ENTREGA: PENDENTE
TERCEIRA ENTREGA: PENDENTE
- Será OBRIGATORIO presentar o DNI e o número de socio, si fora o caso.
- Emitirase o cheque a nome do titor que figura no rexistro de JARDANAY, como contratante do servizo. No se entregarán a outro titor ou autorizado sen a debida autorización (formulario de autorización na documentación desta publicación).
- RENUNCIA A SUBVENCIÓN: Aquelas familias que no desexen percibir a súa parte proporcional da subvención, deberán renunciar por escrito (formulario de renuncia na documentación de esta publicación).