254 2025ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img

COMEDOR, CAMBIACUEIROS E MADRUGADORES: Curso 2024-2025

Condicións, prazos e operativa dos servizos de Comedor, Cambiacueiros e Madrugadores para o curso 2024-2025

Este curso 2024/2025 volveremos a contar coa empresa Jardanay, que se encargará de ofrecer os servizos xestionados pola ANPA no CEIPP Novo Mesoiro.

A continuación, detallamos os datos máis relevantes dos servizos, pero tedes o detalle da información no díptico axunto a esta nova.

PRAZOS E PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:

  • Inscricións nos servizos dende o INICIO DE CURSO: do día 1 ao 31 de agosto, ambos incluídos na plataforma online de Jardanay. Inscrición AQUÍ.
  • Os servizos comezarán a prestarse o día de inicio do curso (11 de setembro de 2024) e finalizarán o último día do curso.
  • Altas, baixas ou modificacións para o resto do curso escolar: ata o día 26 do mes en curso, e se farán efectivas únicamente a partir do día 1 do mes seguinte. Se realizarán na mesma plataforma de Jardanay.
  • Soamente serán admitidas as altas, baixas ou modificacións tramitadas a través da plataforma online de Jardanay.
  • Non serán válidas as solicitudes fora dos prazos ou con defectos de forma.
  • Datos para acceder a área privada do CEIPP Novo Mesoiro:
    • Usuario: novomesoiro
    • Contrasinal: comedores2024

OPERATIVA:

  • Para o acceso os servizos, será necesario abonar unha cota de xestión de 100€ (EXENTOS do pago SOCIOS da ANPA). Todo aquel que desexe contratar os servizos, pero NON ser SOCIO, deberá contactar por email coa ANPA para xestionar o abono da cota de xestión.
  • A contratación de calquera dos servizos (comedor, cambiacueiros ou madrugadores) supón a aceptación e obrigado cumprimento do regulamento dos servizos. O podedes encontrar na documentación da ANPA subida na web, Regulamento AQUÍ.

DIETAS E ALERXIAS:

  • ALERXIAS: IMPRESCINDIBLE comunicalas mediante o formulario dispoñible na área privada do noso centro, na plataforma de Jardanay, no apartado de "Dietas especiais".
  • DIETA BRANDA: Notificaranse o teléfono do coordinad@r do noso centro ou a oficina de Jardanay, antes das 9:00 da maña do día correspondente.

SERVIZOS E TARIFAS:

As tarifas actualizadas para o curso 2024/2025 están dispoñibles no díptico axunto a esta nova.

Os pagos serán mediante domiciliación bancaria, e o cargo o realizará Jardanay (esta ANPA non xestiona nin realiza cargos en conta os usuarios dos servizos nin os seus socios).

Servizos ofrecidos para o curso 2024/2025:

  • COMEDOR **: Dispón de modalidades fixas (de 1 a 4 días a semana, ou todo o mes) e uso esporádico. 
  • CAMBIACUEIROS: Dispón de modalidade mensual, cun custo por contratación e un pago adicional por cada intervención realizada.
  • MADRUGADORES **: Dispón de modalidades fixas (de 1 a 4 días a semana, ou todo o mes) e uso esporádico. 

** A empresa aplica un desconto cando dous ou máis irmás fan uso do mesmo servizos.

USUARIOS ESPORÁDICOS:

Dende o curso 2024/2025 Jardanay pon en marcha o servizo de vales, xa non é posible facer o pago directamente o día do servizo.

Para a compra dos vales, de cada un dos servizos necesarios, deberá facerse uso da plataforma de Jardanay dispoñible en: Vales Jardanay Esporádicos

Instruccións para mercar os vales do noso cole:

  1. Seleccionar o servizo a mercar (comedor, madrugadores con/sen almorzo e/ou seguro escolar).
  2. Seleccionar o centro escolar CEIP Novo Mesoiro, e darlle a mercar. O sistema levará a cesta da compra, onde se poderá indicar o número de vales desexados.
  3. Cubrir os datos solicitados, do titor que inscribe ao alumn@ e do alumn@.
  4. No caso de querer comprar máis dun servizo, volver atrás a páxina xeral, marcar o novo servizo e repetir os puntos anteriores.
  5. Unha vez rematado, clicar en "Rematar compra". Nese momento o usuario será redirixido a plataforma de pago (tarxeta bancaria ou bizum). 
  6. O comprobante do pago chegará o email. E preciso presentar o número de pedido e os artículos da compra os responsables do servizo o día de asistencia, poderá ser un pantallazo, adiantalo por whatsapp a coordinadora ou de palabra.

NOTA: Os usuarios esporádicos abonarán o seguro coa primeira asistencia o servizo, os usuarios habituais realizan dito pago no primeiro mes de facturación.

OUTRAS NOVAS RELACIONADAS COS SERVIZOS: AQUÍ