Como en convocatorias anteriores, a ANPA Monte do Muiño solicitou a subvención relativa o comedor escolar para o curso 2022-2023.
Axuda económica destinada á cofinanciación dos servizos de comedor escolar ás asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos, non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universitaria, que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria e/ou segundo ciclo de educación infantil.
Unha vez recibido o importe da axuda concecido na conta da asociación, revisados os listados de usuarios do servizo no curso escolar 2022-2023 e realizados os cálculos de importes correspondentes a cada beneficiario, esta ANPA procederá o reparto de cheques desta convocatoria nas siguientes condicións:
- Cumprirase o establecido e aprobado no regulamento de servizos: comedor, madrugadores e cambiacueiros. Revisade con atención as condicións de reparto e entrega de cheques, tedes o regulamento no apartado de Documentos ANPA.
- Avisarase por correo electrónico os beneficiarios, indicando o importe correspondente en cada caso. Se no tes recibido o e-mail y crees que te corresponde a subvención, non dubides en contactar con nos.
- Programaranse 3 entregas de cheques para o reparto de dita subvención. Sendo:
PRIMEIRA ENTREGA:
DATA: 30/05/2024
HORARIO: 16:30 - 18:30
LUGAR: Local da ANPA no CEIP Pl. Novo Mesoiro (Accedendo pola porta principal exterior, no pasillo exterior cara o fondo)
SEGUNDA ENTREGA:
DATA: 20/06/2024
HORARIO: 16:00 - 17:00
LUGAR: Local da ANPA no CEIP Pl. Novo Mesoiro (Accedendo pola porta principal exterior, no pasillo exterior cara o fondo)
TERCEIRA ENTREGA:
DATA: 18/10/2024
HORARIO: 16:15 - 17:30
LUGAR: Local da ANPA no CEIP Pl. Novo Mesoiro (Accedendo pola porta principal exterior, no pasillo exterior cara o fondo)
- Será OBRIGATORIO presentar o DNI e o número de socio, si fora o caso.
- Emitirase o cheque a nome do titor que figura no rexistro de JARDANAY, como contratante do servizo. No se entregarán a outro titor ou autorizado sen a debida autorización (formulario de autorización na documentación desta publicación).
- RENUNCIA A SUBVENCIÓN: Aquelas familias que no desexen percibir a súa parte proporcional da subvención, deberán renunciar por escrito (formulario de renuncia na documentación de esta publicación).