254 2025ANPA Monte Do Muíño

Detalle evento

Concello: Inscrición Recuncho do Xogo para os días 14,15 e 16 de Abril

31/03/2025 - 09/04/2025
De 09:00h. a 23:59h.
Centro Cívico Novo Mesoiro (e outros)

Abertas do 31 de marzo ata o 9 de abril as inscricións para o Recuncho do Xogo, un programa para facilitar a conciliación durante a Semana Santa. Esta iniciativa gratuíta para nenos e nenas de 4 a 12 anos combina xogos, dinámicas e obradoiros nun ambiente seguro, con prazas limitadas e opción para menores con necesidades educativas especiais. A través dos recunchos, os nenos e nenas aprenderán a identificar e xestionar as súas emocións mediante xogos, dinámicas e obradoiros. As inscricións realizaranse na conserxería do centro cívico onde se solicite a praza. A info: www.coruna.gal