254 2025ANPA Monte Do Muíño

Detalle noticia

BLog Img
21/02/2025 Publicado por: ANPA AMPA 147 Visto

ANPA: Gastos, ingresos e actividades realizadas

Información sobre os gastos e ingresos realizados, e mención dalgunhas das tarefas e actividades realizadas pola xunta directiva da ANPA

As asembleas de socios son o medio polo cal a xunta directiva dunha ANPA pode e ten que informar os seus socios das xestións realizadas e da situación económica. Lamentablemente, estas non contan normalmente con moita asistencia polo que, co fin de ser máis transparentes e facer máis accesible a información, a xunta directiva decidiu utilizar esta publicación para informar das actividades e inversións levadas a cabo pola ANPA Monte do Muiño. De esta forma, esperamos que vos poidades facer unha idea xeral dos gastos, ingresos, actividades e tarefas que se levan a cabo durante todo o ano (moitas delas "pouco lucidas"). 

A continuación poderedes atopar algúns dos fitos, ingresos e gastos realizados nos últimos cursos, entre eles actividades/tarefas que requiren maior dedicación e esforzo persoal que económico.

CURSO 2024/2025 

A seguinte información fai referencia a fitos xa rematados ou previstos para os próximos meses.

  • Actividades, formacións e outros:
    • Mercáronse algúns xoguetes para o patio exterior do cole, mudas de roupa interior para ter a disposición do profesorado de infantil para emerxencias e mudas completas de roupa (infantil), para ter a dispor do servizo de cambiacueiros para emerxencias.
    • Contratáronse unhas charlas especificas a Alas Educación, para primaria.
    • Sufragáronse parte dos gastos da chocolatada de nadal do cole e mercáronse unhas chuches para que Papa Noel puidera entregar os nen@s.
    • Festa de fin de curso. Esta festa consume un alto porcentaxe dos fondos da ANPA.
  • Comedor:
    • Mercouse: unha estantería para os xoguetes do tempo de lecer, varios xogos de mesa (Virus, Doubble e Unno) e un corcho de grandes dimensións.
    • Contratouse e realizouse unha ampliación na instalación eléctrica, que da servizo o timbre do cole (como solución os problemas no acceso/saída).
  • Administración: 
    • Seguros de responsabilidade civil e accidentes (sen estes seguros non poderíamos levar a cabo algunhas das actividades da ANPA).
    • Gastos de xestión: bancarios, xestoría (presentación declaración), taxas, papelería, mantemento sistema informático de xestión dos socios e páxina web, cota asociación da Federación de ANPAs, etc.
  • Ingresos:
    • Cotas de socio curso 2024/2025.
    • Axudas e subvencións: Polo momento, aínda que revisamos varias bases, soamente foi solicitada (e xa concedida) a relativa a axuda de comedor do curso 2023/2024 (procedemento ED601A). Igual que anos anteriores, o importe percibido pola subvención será repartido entre os usuarios (non becados), polo que a previsión de ingresos por esta axuda e nula ou residual. Recordamos que, o importe da axuda soamente pode ser destinado a actividades e gastos relacionados co comedor.
  • Outros: Unha mostra das actividades/traballos levados a cabo sen custo económico específico.
    • Xestión do fondo de libros da ANPA: organización e xestión do fondo.
    • Revisión e actualización dos contratos de tódalas empresas colaboradoras (servizos e extraescolares).
    • Busca e solicitude de orzamentos para impartir formacións específicas a primaria (subvencionadas pola ANPA), e xestións para outras formacións ou talleres gratuítos (p.ex. da Cruz Vermella).
    • Xestións en relación a reclamación polo profesorado INSUFICIENTE do noso CEIPP:  elaboración escrito, coordinación coas partes, recollida de firmas, presentación, contacto con algún medio de prensa, conversas con outras ANPA na mesma situación, etc.
    • Varias colaboracións en relación a festa de nadal do CEIPP (decoración, busca e contratación de orzamentos de churros, chocolate, material refugable, etc).
    • Festa de fin de curso: Busca e solicitude de orzamentos para a festa.
    • Xestións administrativas: administración da ANPA (contas e socios), mantemento da web, xestións de queixas, dúbidas e reclamacións dos titores, reunións con titores/empresas/CEIP, asistencia a formacións na federación de ANPAs, etc.
    • Comedor: reunións con Jardanay, supervisión do servizo (visitas continuadas e por sorpresa o mesmo, do equipo directivo), xestión de incidencias, negociación e xestión de melloras e cambios no servizo (p.ex. un novo forno para manter mellor a temperatura da comida ata o final do servizo), etc.
    • Subvención comedor: xestión, cálculos, reparto de cheques e resolución de incidencias.
    • Extraescolares: organización e xestión de cambios imprevistos, xestión de incidencias, etc.
    • Outras colaboracións: xestión da roupa perdida e doazón da non recollida, xestión de recollidas de alimentos, xestión de doazóns puntuais ao cole, etc.

CURSO 2023/2024

  • Actividades, formacións e outros:
    • Mercáronse mudas de roupa interior para ter a disposición do profesorado de infantil para emerxencias e os libros entregados como premio no concurso de debuxo polo día da muller.
    • Contratáronse unhas charlas especificas a ADAFAD, para primaria (1º a 5º EP) sobre prevención do acoso e ciberacoso “Iso xa non é unha broma”.
    • Sufragáronse parte dos gastos da chocolatada de nadal do cole.
    • Diferentes gastos en relación a Festa de nadal (realizada fora do horario escolar), coma material decorativo, papelería, churros e chocolate.
    • Festa de fin de curso. A maior inversión da festa e a contratación de inchables, monitores, etc., e un gasto menor está asociado a compra de material auxiliar. Este curso ademais, entregáronse bolsas con merenda os menores asistentes.
  • Comedor:
    • Mercouse: unha estantería/caixonera para os útiles do lavado de dentes, varios accesorios para o servizo (xarras, linguas e corta froitas) e un timbre inalámbrico para dar servizo en horario de comedor e madrugadores, dado que a instalación do CEIP non alcanza ata o espazo do comedor.
  • Administración: 
    • Seguros de responsabilidade civil e accidentes.
    • Gastos de xestión: bancarios, xestoría (presentación declaración), taxas, papelería, mantemento sistema informático de xestión dos socios e páxina web, cota asociación da Federación de ANPAs, etc.
  • Ingresos:
    • Cotas de socio curso 2023/2024.
    • Axudas e subvencións: Solicitamos outras subvencións, pero soamente nos foi concedida a relativa a axuda de comedor do curso 2022/2023 (procedemento ED601A). A maior parte dos fondos da citada subvención foron repartidos entre os usuarios do servizo (non becados), quedando a ANPA soamente cos importes doados ou non cobrados. Estes cartos soamente poden ser empregados no comedor, non está permitido (pola propia subvención) empregalos en ningunha outra actividade ou gasto realizado pola ANPA.
  • Outros: Unha mostra das actividades/traballos levados a cabo sen custo económico específico.
    • Xestión do fondo de libros da ANPA: organización e xestión do fondo.
    • Organización da charla de ciberseguridade para os titores.
    • Organización do concurso polo Día da Muller, e elaboración de agasallos artesanais para os participantes.
    • Organización da plantación de árbores polo Día da árbore (na que a ANPA xestionou a doazón de árbores o CEIPP, a colaboración dos titores, etc.).
    • Solicitude de orzamentos a novas empresas de actividades extraescolares, reunións de contacto con tódalas empresas contactadas e coas xa contratadas.
    • Revisión e replanificación do procedemento de alta e renovación de socios, así como da organización das extraescolares.
    • Solicitude de tarifas a diferentes bancos, co fin de conseguir un aforro económico nos gastos bancarios da ANPA.
    • Xestións en relación a reclamación de profesorado específico presentadas ante Inspección educativa e valedor do pobo.
    • Busca e xestión de doazóns de libros para a biblioteca do CEIPP.
    • Varias colaboracións en relación a festa de nadal do CEIPP (elaboración artesanal de novos elementos decorativos, decoración, busca e contratación de orzamentos de churros, chocolate, material refugable, etc.).
    • Festa de fin de curso: Busca e solicitude de orzamentos para a festa, merenda e doazóns.
    • Xestións administrativas: administración da ANPA (contas e socios), mantemento da web, xestións de queixas, dúbidas e reclamacións dos titores, reunións con titores/empresas/CEIP, asistencia a formacións na federación de ANPAs, etc.
    • Comedor: implementouse un cambio no seguimento do servizo, facéndoo máis continuado e próximo por parte da xunta directiva. Ademais disto, elaborouse o novo regulamento dos servizos (e consensuouse con tódalas partes), reunións e contactos con diferentes empresas, supervisión do servizo (visitas continuadas e por sorpresa o mesmo, do equipo directivo), xestión de incidencias, negociación e xestión de melloras e cambios no servizo, etc.
    • Subvención comedor: Xestión, cálculos, reparto de cheques e resolución de incidencias.
    • Extraescolares: organización e xestión de cambios imprevistos, xestión de incidencias, planificación e supervisión de actividades de fin de curso,
    • Outras colaboracións: xestión da roupa perdida e doazón da non recollida, xestión de recollidas de alimentos, xestión de doazóns puntuais ao cole, etc.