A empresa Ximnasio Fibra (que actualmente se encarga da actividade de Judo no noso centro) en coordinación coa ANPA, realizará unha reunión no noso centro o vindeiro 17 de xuño (no comedor do CEIP). A finalidade desta reunión e que a empresa explique de primeira man a oferta de actividades que traen para o noso centro neste vindeiro curso 2025-2026 (Peque Judo, Judo Junior e Judo Kids), así como aclarar as dúbidas que poidan xurdir.